Homenaxe e recoñecemento da corporación tudense ao padeeiro Óscar Carrera, previa a súa participación nos Xogos Olímpicos
Homenaxe e recoñecemento esta tarde da corporación municipal de Tui ao padeeiro tudense Óscar Carrera que vai participar no K4 español nos Xogos Olímpicos de Río2016. Competirá sobre a distancia de 1000 metros.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, dirixíndose a Óscar Carrera sinalou que “es motivo de orgullo e de exemplo para nós” engadindo que apoiándote tes a toda a unha cidade a todo un país nunha cita tan destacada coma os Xogos Olímpicos. O concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, explicou que consideraron oportuno facer esta recepción aproveitando a presenza en Tui de Óscar Carrera, xa que habitualmente está concentrado en Madrid. Manuel González de CsT desexou moita sorte e ánimos a este padeeiro.No mesmo senso pronunciouse o voceiro de C21, Carlos Vázquez Padín, engadindo que xa o feito de estar nuns Xogos Olímpicos é un logro. Dende o Partido Popular, Antonio Fernández Rocha, agradeceu a este padeeiro o seu traballo e esforzo desexándolles novos éxitos.
No remate do acto todos os corporativos se fixeron unha fotografía con Óscar Carrera desexándolle de novo moita sorte.