Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hai prazas vacantes na aula de 0 a 1 anos na Escola Infantil Galiña Azul de Tui

23/07/2014

A solicitude pode presentarse ata o 31 de xullo na propia Escola ou no mes de agosto no Concello

Martes, 22 de xullo de 2014. Ata o 31 de agosto está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o baremo extraordinario de setembro para  aula de 0 a 1 ano da Escola Infantil de Tui, a única na que quedan prazas vacantes. A solicitude para os nenos nados neste 2014 debe presentarse ata o 31 deste mes de xullo na propia Escola Infantil, e durante o mes de agosto, ata o día 31 no Concello de Tui, xa que en agosto a Escola permanecerá pechada.

Para os grupos de 1 a 2 anos, e de 2 a 3 anos existe lista de agarda. As solicitudes de praza que cheguen despois do 31 de agosto serán tidas en conta para o baremo extraordinario de decembro, que estará suxeito á existencia de prazas vacantes.

Os interesados poden ampliar esta información na Escola Infantil de Tui no 986 60 71 49.