Ghazafelhos presenta a comedia infantil "Frankenstein" o venres ás 20,00 h. no Teatro Municipal
Ghazafelhos presenta “Frankenstein”
É unha comedia infantil que representarán o venres ás 20h no Teatro Municipal
As entradas están xa á venda en www.culturatui.info
Mércores, 9 de febreiro de 2011. O público familiar a partir de 5 anos é o destinatario da comedia infantil que a compañía Ghazafelhos achega este venres ao Teatro Municipal de Tui. A partir das 20h van pór en escena “Frankenstein” escrita e dirixida por Pepablo Patinho.
“Frankenstein” é unha obra con grandes escenografías ambientada nos filmes antigos. Achéganos ata un castelo escuro perdido no medio das montañas. Ata alí chegan a doutora Mon Champignom e o doutor Pe Arrepío que se verán inmersos nunha nova aventura aterradora. Nesta obra Ghazafelhos parte dun clásico para profundar nas diferenzas que as veces nos fan sentir mal. A obra está protagonizada por Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas.
Ghazafelhos formouse en 2005 da man de Montse Piñon e Pepablo Patinho. Logo de intepretar obras de monicreques e contacontos decidiron fusionar as dúas experiencias, tamén fixeron pasarrúas, obras de formato medieval... Esta será a primeira vez que actúen no Teatro Municipal de Tui.
As entradas para esta representación están xa á venda ata o venres ás 13h na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 3€, e 2€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.
Ghazafelhos Teatro con “Frankenstein”
Data: Venres, 11 de febreiro, ás 20h
Prezo das entradas: 3€ - 2€
Venda de localidades: En www.culturatui.info ata o venres ás 13h e no despacho de billetes o venres dende ás 18.30h.
Máis información en: www.culturatui.info ou en www.ghazafelhos.es