Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Galitoon volve a Tui con “Rosalía, a pulga que escribía” É unha obra de monicreques de mesa para público familiar

6/10/2010

O aforo está limitado a 200 persoas por función que terán lugar ás 18 e ás 20h
Galitoon volve a Tui con “Rosalía, a pulga que escribía”
É unha obra de monicreques de mesa para público familiar

Mércores, 6 de outubro de 2010. A compañía Galitoon regresa ao Teatro Municipal de Tui cunha nova proposta teatral para público familiar, logo do éxito acadado anteriormente na cidade con “Golulá” e “Babiliglub”. Neste caso con monicreques de mesa porán en escena “Rosalía, a pulga que escribía”. Haberá dúas funcións, a primeira ás 18h e a segunda ás 20h, estando limitado o aforo en cada unha delas a 200 espectadores.

“Rosalía, a pulga que escribía” conta a historia de Rosalía, unha pulga, que cada día escribía aos seus amigos a Toupa, a Xirafa, o Elefante... e todos por un ou outro motivo non a poden ver polo que lle piden ao carteiro, o Canguro, lle lla lea. Todos reciben a carta convidándoos a unha festa na Casa de Rosalía, todos menos o Canguro, o que el non sabe é que se trata dunha festa sorpresa para el.

A compañía Galitoon foi creada por Santiago Alonso, Andrea Bayer e Chisco Casteleiro, apostando por espectáculos innovadores e pioneiros. Nos mesmos reúnen diferentes técnicas tanto actorais coma de body-poppets, luz negra e monicreques.

As entradas teñen un custo de 3€ e 2€. Pódense adquirir en venda anticipada na web www.culturatui.info, ou hora e media antes da función no despacho de billetes da Área Panorámica

Galitoon con “Rosalía, a pulga que escribía”

    • Lugar: Teatro Municipal de Tui
    • Data: Venres, 8 de outubro
    • Hora: Ás 18h e ás 20h cun máximo de 200 espectadores por función
    • Entradas: 3€ e 2€ venda en www.culturatui.info ou no despacho de billetes hora e media antes do comezo da función.