Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Galitoon volve ao teatro Municipal co seu novo espectáculo "Babiglub" o venres ás 20,00 h.

11/03/2009

Será o venres ás 20h no Teatro Municipal

Galitoon volve a Tui co seu novo espectáculo "Babiliglub"

É unha aposta visual e musical indicada a partir dun ano

 

Mércores, 11 de marzo de 2009.  As nenas e os nenos teñen unha cita ineludible este venres ás oito da tarde no Teatro Municipal de Tui. Aqueles que o ano pasado asistiron á representación de Golulá estarán xa inquedos por ver o novo espectáculo de Galitoon. Trátase de "Babiliglub" unha obra de teatro feita con tan só catro palabras e pensada para os máis pequenos.

 

Babiliglub é unha aposta polo visual e musical, cunha trama que apenas precisa de palabras, e na que o texto é o movemento, o ritmo, a presenza dos personaxes e un contexto concreto: o fondo do mar.  Aí vive tranquila a fauna mariña composta por peixes de cores que din "Glub" mentres que un pequeno peixe só sabe dicir "Miau!". Aínda que trata de integrarse na vida cotiá das profundidades do mar é rexeitado por todos, salvo por unha pequena estrela que o imita e vai con el a todas partes.

 

Trátase dun espectáculo fermoso cheo de cor, ritmo e música que atrapara dende o primeiro momento ao público. Ten unha duración de 35 minutos e está a indicada para nenos a partir dun ano de idade.

 

Dan vida aos persoaxes de Babiliglub Óscar Ferreira, Santiago Alonso e Xurxo Cortázar baixo a dirección de Andrea Bayer.

 

A compañía Galitoon Productions foi creada por Santiago Alonso, Andrea Bayer e Chisco Casteleiro  tras moitos anos de traxectoria individual. Tiñan participado en proxectos en teatro, na televisión e en diferentes iniciativas para nenos e adultos. O resultado desta unión é un espectáculo innovador e pioneiro xa que reúne diferentes técnicas tanto actorais como de body.poppets, poppets, luz negra e outras técnicas de monicreques.

 

As entradas teñen un prezo de 3€ , 2€ con desconto e   para os menores de 12 anos. Pódense adquirir na web www.culturatui.info, ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes do Teatro Municipal.

 

Galitoon con "Babiliglub"

Lugar: Teatro Municipal

Data e hora:  Venres 13 de marzo ás 20h

Prezos: 3€ - 2 € con desconto - 2€ para os menores de 12 anos

Venda de entradas: en www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica