Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Galitoon presenta este sábado no Teatro Municipal “Güela-Güela”

20/10/2016

A historia dunha pequena cegoña, Willy, é a que chega este sábado, 22 de outubro, ás 19h ao Teatro Municipal de Tui da man de Galitoon. A compañía  de Ares presenta a obra de teatro infantil “Güela-Güela”  dirixida a público familiar a partir dos 2 anos. Chisco Casteleiro é  director e tamén un dos actores do espectáculo xunto a Victoria Pérez e Ana Conca.

“Güela-Güela” achéganos con diversión, humor e música as aventuras de Willy, unha pequena cegoña, na súa viaxe por levar a un bebé ata os seus pais. A obra está baseada na obra “Concerto de aves” de Frans Snyders a solicitude do Museo do Prado de Madrid dentro das actividades dirixidas ao público que visita este museo.  Na mesma realzase a importancia da amizade, a solidariedade e a familia.

Galitoon formouse en 2005 realizando dende entón teatro e espectáculos infantís con especial énfase no uso de monicreques bocones e de corpo completo mesturados con técnicas provenientes de disintas tradicións.  Galitoon xa estivo anteriormente en Tui con espectáculos coma Golulá ou Rosalía a Pulga que escribía.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

Galitoon con “Güela-Güela”

No Teatro Municipal de Tui

Data: Venres, 14 de outubro, ás 20h

Entradas: á venda na web www.culturatui.info ata mañá venres ás 12h ou mañá venres dende ás 18.30h no despacho de billetes

Prezo:  3,5€ e 2,5€.