Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

"Galicia en foco, o fotoxornalismo galego" dende hoxe na Sala Municipal de Exposicións

19/02/2008

A SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS ACOLLE A EXPOSICIÓN “GALICIA EN FOCO, 18ª EDICIÓN: O fotoxornalismo galego” 

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle dende hoxe e ata o vindeiro 8 de marzo a exposición dos traballos participantes na 18ª edición de “Galicia en foto” o certame de fotoxornalismo galego que convoca anualmente o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, a Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol.

Nesta edición son un total de 38 fotógrafos os que participan nesta exposición que recolle unha escolma da fotografías publicadas nos diversos medios de comunicación de Galicia por estes fotoxornalistas e que conforman unha auténtica crónica dos acontecementos de Galicia ao longo do pasado ano.

Podemos contemplar nesta exposición de afamados profesionais da fotografia como Delmi Álvarez, Xulio Villarino, Xosé Marra, Santy López, Carlos Puga, Nacho Gómez, Oscar Corral... ao través das suas instantáneas podemos contemplar as principais noticias de Galicia, recollidas en imaxes.

A foto escollida polo xurado como: "Foto do ano Galcia en Foco"  foi para Kiko Delgado cunha imaxe  titulada "Conflito Reganosa" que documenta  as manifestacións que se levaron encontra da ubicación da planta gasificador na ria de Ferrol.

'Galicia en Foco' encetou a súa andaina en Ferrol, no pasado mes de novembro, pero tamén poderá ser visitada noutros puntos de Galicia como Santiago, Ourense, A Coruña, Vigo, Vilagarcia, Pontevedra, Lugo, Viveiro, Monforte e agora en Tui.

O fotoperiodismo acada cada vez un papel máis relevante nos medios de comunicación e esta exposición acolle “impactantes imaxes da realidade máis destacada de Galicia nestes últimos doce meses, a través da visión dos que foron testemuñas de excepción”, os fotógrafos de prensa.

Para o Concelleiro de Cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a presenza desta exposición colectiva “Galicia en foco” na cidade de Tui resposta ao interese desta Concellería de realizar na Sala de exposicións unha oferta diversificada de mostras que recollan as diversas manifestacións artísticas dende a pintura ou escultura á fotografia como é neste caso, ofrecendo alternativas de lecer aos diversos sectores sociais.