Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Factoria Teatro e Teatro do Adro actúan este sábado e domingo en Tui conmemorando os 125 anos de teatro en galego

18/09/2007

Factoría Teatro e Teatro do Adro actúan este sábado e domingo en Tui

As representacións teñen lugar no marco do programa que conmemora os 125 anos de teatro en galego 

Martes, 18 de setembro de 2007.”. O Teatro Municipal de Tui acolle esta fin de semana dúas representacións teatrais enmarcadas no programa de celebración dos 125 anos de Teatro Galego que promove a Consellería de Cultura e o IGAEM xunto as concellerías de cultura de 38 concellos galegos, entre os que se atopa o de Tui. No marco desta iniciativa participan 25 compañías que están a percorrer estas 38 localidades dende o pasado 13 de agosto e até o 30 deste mes.  Con esta programación quérese conmemorar a estrea o 13 de Agosto de 1882 da obra ‘A Fonte do Xuramento’ de Francisco María de la Iglesia, o primeiro texto teatral en galego do que se ten noticia.  En Tui disfrutaremos esta fin de semana dunha dobre proposta, sábado e domingo, con Factoría Teatro e Teatro do Adro. Tanto para a función do sábado coma para a do domingo é preciso retirar a entrada, de balde, dende ás 19.30h e até o comezo da función, na billeteira do Teatro.  O sábado ás 20.30h Factoría Teatro representará a obra “Castronós. O Baile” unha peza escrita por Xavier Picallo e dirixida por Xan Cejudo. Conta cun amplo elenco formado por doce actores entre os que están Olga Cameselle, Alfredo Rodríguez, Rocío González, ou Julio Andrade. Esta obra amósanos a historia do século XX en Galicia ao través dunha sala de Baile. O domingo ás 20.30 actuará no Teatro Municipal Teatro do Adro para pór en escena “García” unha obra escrita e dirixida por Cándido Pazo e interpretada por Josito Porto e César Cambeiro. Tras estar preso 17 anos nun castelo o seu protagonista, García,  rexeita a axuda do seu amigo, Rodrigo, que acode a liberalo, por medo ao engado ou porque se acostumou a estar preso.   

125 anos de Teatro en Galego

Lugar: Teatro Municipal, r/Colón nº2 Tui

Data: Sábado 22 ás 20.30h

Factoría Teatro con “Castronós. O Baile”

Data: Domingo 23 ás 20.30h

Teatro do Adro con “García”

Retirada de localidades de balde dende ás 19.30h

Organiza: Concellería de Cultura de Tui, Consellería de Cultura e IGAEM