Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición do censo electoral do 8 ao 15 de agosto

5/08/2016

Dende o próximo luns, 8 de agosto, estará en exposición pública o Censo Electora que estará vixente nas eleccións ao Parlamento de Galicia a celebrar o 25 de setembro. Os interesados poden consultar os seus datos de luns a venres de 9 a 14h ata o luns 15  na Oficina de Empadroamento da Casa Consistorial. Nesas mesmas datas os electores poderán presentar as reclamacións que estimen oportunas.  Lembramos que é de especial interese a consulta do censo electoral para comprobar que os seus datos figuran correctamente a aqueles electores que veñen de cumprir os 18 anos, e exercerán o seu dereito ao voto por vez primeira, así coma a aqueles que mudaron de enderezo recentemente.