Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición de "Maquetas e manualidades" de Javier Piñeiro

27/01/2012

AS MAQUETAS DE JAVIER PÌÑEIRO AMÓSANSE NA SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS TUDENSE

 

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle dende hoxe, venres 27 de xaneiro, e ata o 19 de febreiro unha exposición titulada “Maquetas e manualidades” do tudense Javier Piñeiro.

Os visitantes poden achegarse na visita a esta mostra a unha escolma da producción de maquetas e manualidades deste afeccionado tudense que leva varias décadas dedicando o seu tempo de lecer a esta interesante actividades.

Dende unha maqueta espectacular dunha fragata de guerra, pasando por outras maquetas de barcos e avións, ata diversos elementos de mobiliario doméstico onde combina a pericia do maquetista coa imaxinación, son as pezas que podemos atopar nesta mostra.

Para a concelleira de cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, esta exposicións recolle a producción destas maquetas e manualidades do tudense Javier Piñeiro e abre o abano das exposicións que promove o Concello de Tui nesta Sala a outras facetas da arte e artesanía. Deste xeito a oferta cultural da Sala Municipal de Exposición se enriquece con esta mostra. Esta sala, engade a concelleira, acollerá dende o vindeiro 24 de febreiro unha nova exposición titulada “En terra de ninguén” que reunirá pintura, fotografía, escultura e instalacións, testemuñando a súa vitalidade e diversidade.