Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Éxito do curso de Deshabituación Tabáquica organizado polo Concello de Tui

15/03/2016


Dez dos doce participantes nesta actividade deixaron de fumar


 

Balance positivo do curso de Deshabituación Tabáquica organizado pola concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro.  Dez das doce persoas participantes nesta actividade deixaron de fumar o que demostra a grande efectividade das sesións terapéuticas nas que se brindou apoio técnico, consellos e compañía aos participantes.


O curso desenvolveuse ao longo dos meses de xaneiro e febreiro, cun total de sete sesións que se realizaron os mércores de 18.30h a 20h na Área Panorámica.  Unha vez rematado o curso a pasada semana agora levaranse a cabo sesións de seguimento para avaliar a evolución dos participantes.