Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Éxito de participación na "Xornada europea da cultura xudía"

7/09/2009

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NOS ACTOS DE CELEBRACIÓN DA X XORNADA EUROPEA DA CULTURA XUDÍA EN TUI

 

 

Nesta nova edición da Xornada Europea da Cultura Xudía as actividades programadas volveron suscitar o interese dos tudenses e de numerosos visitantes. A atención este ano recaeu principalmente no filósofo e médico tudense Francisco Sánchez, de orixe xudía, que foi unha personaxe moi relevante na historia do pensamento europeo do século XVI e XVII. Pola súa importancia adicóuselle este ano unha conferencia, impartida por Rafael Sánchez Bargiela, á que asistiron unhas 60 persoas.

 

 

Ademais, ata o vindeiro domingo día 13 poderase contemplar unha exposición dedicada á Francisco Sánchez, tamén coñecido coma o "Escéptico" ou o "Tudense". A exposición sobre Francisco Sánchez poderá visitarse no Museo Municipal (antigo convento de San Domingos) en horario de 18,00 a 21,00 horas.

 

 

Grande éxito de participación tiveron tamén as visitas guiadas que se realizaron durante a fin de semana e que congregaron na Catedral a 120 persoas para contemplar diversos obxectos litúrxicos, que foron elaborados por artesáns xudeus que habitaban na cidade na época medieval, entre eles cálices e cetros. Unha vista dirixida polo historiador José Ramón Fernández Fernández.

 

 

En canto á visita ao conxunto histórico da cidade, foron dous centos de persoas as que decidiron visitalos vestixios xudeus que se conservan no casco histórico tudense. Comezando na Porta da Pía, onde estivo situiada a mikbé dos baños rituais xudíos visitouse ós sambenitos do Museo Diocesano, a rúa Entrefornos, onde habitaba na época medieval Pero Carniceiro, único carniceiro xudeu de Galicia do que se conserva documentación, a "Casa Negra" onde está ubicasa a Torre do xudeu do sistema amurallado medieval, a Calle das Monxas, para informar onde estaba ubicada a Sinagoga, a praza do Concello e a rúa Canicouba, onde está documentada a residencia de diversos membros da comunidade xudía tudense.  Un percorrido dirixido polo historiador local, Suso Vila Botanes.

 

Así mesmo na fin de semana púxose a disposición daqueles que o desexaran un posto de venda de libros de temática xudía, coa colaboración da librería Iris.

 

Estas actividades demostran o interese por saber como era a vida dos habitantes da cidade na Idade Media e en especial dos xudeus que conviviron con tudenses naquela época. Tui agarda incorporarse á Red de Juderías, que organiza estas xornadas e que agrupa a 21 vilas e cidades españolas, á que tamén pertencen cidade galegas coma Ribadavia e Monforte de Lemos.

 

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración por segundo ano consecutivo desta Xornada Europea da Cultura Xudía en Tui posibilita ofrecer a veciños e visitantes o coñecemento de aspectos ata agora escasamente divulgados, como é neste caso o patrimonio vencellado á presenza dos xudíos en Tui, e que redundará nunha maior valorización do noso conxunto histórico. Moisés Rodríguez agracede a colaboración de personas e entidades que teñen cooperado co Concello de Tui no éxito desta Xornada.