Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Éxito de asistencia na primeira conferencia das Xornadas Educar para Protexer

26/02/2016


Éxito onte na primeira conferencia das Xornadas Educar para Protexer organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres. 

María Ferreiro, psicóloga, psicopedagoga e directora do Instituto de Tratamento da Conduta de Vigo, tratou os “Trastornos de conduta en nenos e adolescentes: pautas, normas e límites para axudar a controlalos”, e respondeu as múltiples preguntas formuladas polos asistentes.


A próxima cita será o xoves, 31 de marzo, co título “Pautas para pais, nais e educadores sobre o uso seguro de internet e móbiles”. Será impartida polo Servizo Especializado da Garda Civil de Delitos Telemáticos.