Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exhibición de artesania en vivo esta fin de semana na exposición de torneria "Contornos"

9/04/2010

NA EXPOSICIÓN "CONTORNOS" HABERÁ EXHIBICIÓN DE ARTESÁNS TORNEIROS O SÁBADO E O DOMINGO

 

Co gallo da celebración esta fin de semana das festas de San Telmo na exposición "Contornos" que organizada pola Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño, da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, e que está aberta ao público no edificio "Área Panorámica" de Tui dende o pasado 5 de marzo, haberá ao longo do sábado e o domingo unha exhibición de artesania en vida a cargo de torneiros de madeira procedentes de o concello de As Pontes.

Estes artesáns realizarán un vivo para todos os interesados unha mostra do sue traballo de torneado da madeira co obxectivo de contribuír ao achegamento entre sociedade e artesanía, así como á apertura de novas posibilidades de creación e de divulgación para a tornería artesanal de Galicia.

O horário da exhibición é o sábado de 18,00 a 20,30 horas e o domingo de 12,00 a 14,00 e de 18,00 a 20,30 horas.

A III Exposición de Madeira Torneada "Contornos" , é resultado da novena edición do Encontro de Torneiros celebrado en Xermade entre o 10 e o 13 de setembro de 2009 e recolle o traballo de 38 autores procedentes de Galicia, da Rioxa, de Navarra, de Andalucía, de Cataluña, de Asturias, do País Vasco, das Illas Baleares, das Illas Canarias, de Madrid e de Francia, que amosan un total de 50 pezas de madeira torneada de alta calidade tanto artesanal como artística.

Os protagonistas da mostra e desta exhibición son tanto torneiros profesionais consolidados como artesáns afeccionados, novos valores creativos para o sector, que demostran que a tornería é un oficio vivo, con grandes posibilidades de desenvolvemento no futuro. Os autores que este ano participan na exposición itinerante "Contornos" son Jesús Abad Hernández, Jorge Anllo Sanjurjo, Alfonso Arrieta Aniz, Eduardo Bautista Bustos, José Luis Bernat Varela, Antonio Blanco de la Piñera, Francisco Boyero Cañas, José Antonio Buíde Mouriz, Manuel Castro Romero, Francesc Dasquens Mateu, Jean François Delorme, Jean François Escoulen, José Andrés Flórez García, Gabriel Fuentes Nieto, Jesús García Albá, José García Otero, Juan José González Redondo, Julio Guntín Currás, Jesús Iglesias Pereira, Guillermo Lamberti Fernández, Antonio Justo López, Miguel López Aznar, José López Rubio, Yann Marot, Juan Carlos Moreira Pereiro, José Pena Pena, Manuel Antonio Piñeiro Pouso, Toni Porto, Juan José Porto Suanzes, José Ramón Rego Chao, Alberto Rodríguez Merino, Ricardo Rodríguez Morales, Rafael Saigí Domínguez, Ana Santiago Urkijo, José Suárez Regueiro, Lurdes Ulazia Aizpurua, Fernando Vérez Tojeiro e Fernando Vigo García.

O Concelleiro de Cultura tudense Moisés Rodríguez Pérez amosa o seu agradecemento á Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño pola colaboración desenvolvida co Concello de Tui para a presenza na nosa cidades desta exposición e da mostra de artesanía en vivo que realizarán os torneiros de As Pontes esta fin de semana, sumando así un novo atractivo ao programa das festas patronais de San Telmo.