Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Tui – Valenca presenta a súa oferta turística na Bolsa de Turismo de Lisboa este venres 2 de Marzo

28/02/2012

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença, en coordinación coa Entidade Rexional de Turismo do Porto e Norte de Portugal, van presentar a oferta turística da Eurocidade Tui-Valença na próxima edición da Bolsa de Turismo de Lisboa, a decorrer de 29 de Febreiro a 4 de Marzo.

A presentación da promoción da Eurocidade, que promove un programa de actividades dirixido para o mercado nacional e  internacional, terá lugar o venres 2 de Marzo, ás 15h00, no stand Turismo do Porto e Norte de Portugal, na BTL. No acto será presentado un filme promocional da Eurocidade, coa principal oferta turística, acompañado da degustación de productos rexionais como o Caldo Verde, os doces conventual, nomeadamente Os Valencianos, Biscoitas Millas, Tartas do Peregrino e os Peixiños de Améndoa xunto aos viños.

A Eurocidade Tui Valença preséntase como un destino apetecible, polo elevado valor histórico da Fortaleza de Valença, presenta a candidatura a Patrimonio da Humanidade, e pola Catedral / Centro Histórico de Tui clasificado como ben de interese cultural. Valorándose o  feito de que Galicia constitúe un mercado estratéxico para o Porto e Norte de Portugal, polo elevado fluxo de visitantes que representa para a rexión en xeral. A Eurocidade pretende, deste xeito, consubstanciar en termos de divulgación unha consistente ponte de cooperación transfronteiriza de gran relevancia turística e cultural.

A presenza da EuroCidade na BTL séguese ás promocións xa realizadas na Feira de Turismo “Expogalaecia” de Vigo e na FITUR-Feira de Turismo de Madrid. Neste acto estarán presentes o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez,, xunto ao Presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, e os concelleiros de turismo de ambas cidades, Raquel Lorenzo e Jose Monte.

Para o rexedor tudense a presenza conxunta dos municipios da Eurocidade nesta feira de turismo de Lisboa porá en evidencia a riqueza da súa oferta turística que combina os recursos patrimoniais, naturais e gastronómicos nun enclave privilexiado polas súa posición estratéxica, as súas magnificas comunicacións e unha paisaxe excepcional.