Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Tui-Valença organiza o “IV Torneo Eurocidade de Balonmán”

5/08/2015

Realizarase este sábado 8 de agosto, ás 20.30 horas, no novo pavillón deportivo de Tui

Mércores, 5 de agosto de 2015. Este sábado 8 de agosto, a partir das 20.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, terá lugar o "IV Torneo Eurocidade de Balonmán", organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán, no que se enfrontarán o S.D.Teucro, que participará a próxima tempada na liga ASOBAL, e o A.B.C.Braga.

Tras o éxito de organización por parte do Club Baloncesto Tui do Campus Joe Arlauckas, a Eurocidade Tui-Valença, volve a organizar, en colaboración co Club Balonmán Tui, un evento deportivo de máximo nivel, que enfrontará a dous equipos de balonmán de primeira división, sendo a entrada para os espectadores de balde.

No descanso deste partido, o club tudense organizará un partido entre os xogadores e xogadoras de categorías base, que acompañarán aos profesionais nesta cuarta edición do Eurocidade de Balonmán.