Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A eurocidade Tui-Valença convértese na capital das artes de rúa co FIAR

15/07/2022

Do venres 22 ao domingo 24 acollerá  24 funcións de 17 espectáculos en 5 localizacións

24 funcións,  17 espectáculos e 5 localizacións conforman a segunda edición de FIAR, o Festival Internacional de Artes de Rúa que terá lugar o venres 22, sábado 23 e domingo 24 na Eurocidade Tui-Valença financiado con fondos europeos do Interreg España – Portugal a través do proxecto Unicidade.

A presentación do festival tivo lugar esta mañá na antiga alfándega de Valença por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira.

Enrique Cabaleiro destacou na súa intervención coma a Eurocidade Tui-Valença convértese na capital das artes de rúas deste festival dirixido principalmente a público familiar.  Engadía o rexedor tudense que “é un festival que naceu o ano pasado e polo que apostamos de forma decidida porque é un festival diferente, vai dirixido a un público diferente, é un festival singular, e sumamente atractivo". Afirmaba Enrique Cabaleiro que “son este tipo de eventos nos que debemos seguir traballando para tratar de afondar nosa relación cultural e tamén ofrecerlle ao conxunto dos nosos veciños e veciñas un oferta cultural ampla e variada, que ten o valor engadido de internacionalidade e carácter transfronteirizo". 

Pola súa parte José Carpinteira, presidente da Cámara de Valença, agarda que o festival se consolide xa nesta edición con tres días de gran animación nas dúas cidades. Ao tempo o presidente da Cámara, destacaba que “o importante é reafirmar a  nosa proximidade, de Tui e Valença, facer eventos en común coma é o caso do FIAR, tamén temos outros, e programamos para o futuro outro tipo de eventos, para fortalecer cada vez máis esta relación entre Valença e Tui, entre os valencianos e os tudenses”. 

Teatro, clown, circo, música, malabares, … serán algunhas da artes de rúa presentes con compañías coma Teatro Ghazafelhos, Galiró, Mandrágora, Troula Animación, Las Sincro, Comedías do Minho, Catropés, The Buckets, Rolando Rondinelli, La gata japonesa, Rolando Rondinelli, Fermín Mora, Kumpania Algazarra, Adrián Conde, Trío Detrés, Kanbahiota e Fora da Pauta.

En Valença os escenarios do FIAR serán o Jardim das Amoreiras e a praza da República, na Fortaleza, onde terán lugar os espectáculos ás 16 h , 17 h e 18 h, e o Jardim Municipal onde a cita será ás 23 h .

Mentres en Tui o Paseo da Corredoira e a praza de San Fernando acollerán as funcións ás 19.30 h, 20.30 h, 21.30 h e 22.30 h.

A entrada é libre e gratuíta en todas as funcións.  

 

Programación FIAR

Venres, 22 de xullo

  • Ás 16.00 h ES Teatro Ghazafelhos con “A illa sen tesouro” na Praça da República en Valença
  • ÁS 17.00 h ES Galiró con “Poom Cha” espectáculo itinerante polas Coroada na Fortaleza de Valença
  • Ás 18.00 h ES Mandrágora con “Formas Animadas”  no Jardim das Amoreiras en Valença
  • Ás 19.30 h ES Troula Animación con “O estraño caso do dentista da rúa Brazov” espectáculo itinerante polo Paseo da Corredoira de Tui
  • Ás 20.30 h ES Teatro Ghazafelhos con “A illa sen tesouro” no Paseo da Corredoira en Tui
  • Ás 21.30 h ES Cía Las Sincro con “Ohlimpiadas!” na praza de San Fernando, en Tui
  • Ás 22.30 h Galiró con “Poom Cha” espectáculo itinerante entre o Paseo da Corredoira e a praza de San Fernando en Tui
  • Ás 23.00 h ES Comedías do Minho con “A perturbaçao do cidadao” no Jardim Municipal de Valença

Sábado, 23 de xullo

  • Ás 16.00 h na Catropés con “Animacreques” na praça da República  na Fortaleza de Valença
  • Ás 17.00 h The Buckets con “The Street show” na praça da República  na Fortaleza de Valença
  • Ás 18.00 h ES Rolando Rondineli con “Tip Tap Pum” no Jardim das Amoreiras na Fortaleza de Valença
  • Ás 19.30 h ES Catropés con “Animacreques” espectáculo itinerante entre o Paseo da Corredoira e a praza de San Fernando en Tui
  • Ás 20.30 h ES h The Buckets con “The Street show” na praza de San Fernando en Tui
  • Ás 21.30 h ES La gata japonesa con “Los viajes de Bowa” no Paseo da Corredoira en Tui
  • Ás 22.30 h ES Rolando Rondineli con “Tip Tap Pum” na praza de San Fernando en Tui
  • Ás 23.00 h ES  Gala con Kumpania Algazarra, Rolando Rondinelli e Fermín Mora no Jardim Municipal de Valença

Domingo, 24 de xullo

  • Ás 16.00 h ES Cía Adrián Conde con “El Gran Braulio” Jardim das Amoreiras na Fortaleza de Valença
  • Ás 17.00 h ES Trío Detrés con “+Ritmo” na praça da República  na Fortaleza de Valença
  • Ás 18.00 h ES Fermín Mora con “Bien JOUÉ” Jardim das Amoreiras na Fortaleza de Valença
  • Ás 19.30 h ES Cía Adrián Conde con “El Gran Braulio” no Paseo da Corredoira de Tui
  • Ás 20.30 h ES Ás 17.00 h ES Trío Detrés con “+Ritmo” espectáculo itinerante entre o Paseo da Corredoira e a praza de San Fernando en Tui
  • Ás 21.30 h ES Kanbahiota con “La Coquette” na praza de San Fernando en Tui
  • Ás 23.00 h ES Fora da Pauta, Old Bridge no Jardim Municipal de Valença