Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Tui-Valença coloca unha marca peonil do Camiño Portugués na vella Ponte Internacional

9/03/2016


Deste xeito conmemorarase o 130º aniversario da Ponte Internacional e o 5º do convenio de irmandade entre as dúas cidades. Posteriormente celebrarase un concerto da Orquestra do Norte no Teatro Municipal


 


Este sábado, 12 de marzo, 19 hora española terá lugar na vella Ponte Internacional de Tui a colocación dunha marca peonil do traxecto do Camiño Portugués a Santiago. Deste xeito a Eurocidade Tui -Valença fai unha aposta  destacada pola promoción do Camiño de Santiago ao seu paso polas cidades de Tui e Valença, de onde e 2015 partiron case 19.500 peregrinos.  De feito Valença é a última cidade do traxecto en territorio portugués deste Camiño, e Tui a primeira cidade de entrada a Galicia.  O acto será presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e polo presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro.


A colocación desta marca peonil servirá ao tempo para conmemorar o 130º aniversario da inauguración da vella Ponte Internacional que se cumprirá o próximo 25 de marzo, así coma o 5º aniversario do convenio de irmandade entre Tui e Valença asinado o 25 de marzo de 2011.


A continuación, ás 20h, no Teatro Municipal de Tui celebrarase un concerto da Orquestra do Norte organizado pola Eurocidade Tui-Valença dentro do ciclo “Música nos Camiños de Santiago”.