Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

10/02/2025

Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a cargo de catro formacións das dúas beiras do Miño este sábado, ás 21 h, no Teatro Municipal de Tui.

Hoxe, 10 de febreiro, cúmprense 13 anos da sinatura do protocolo entre ambas cidades co que se materializou a creación da Eurocidade plasmando a nivel institucional as relacións que dende hai séculos manteñen as poboacións tudense e valenciana.

Baixo a dirección de Eloy Carrera un centenar de músicos da Associação Musical de São Pedro da Torre, Old  Brigde Band, o Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Banda de Música Popular de Tui, ofrecerán un repertorio con temas emblemáticos de diferentes estilos e épocas coma “SweeT Caroline” de Neil Diamond, “Don’s Let Me Down” dos Beatles, “Superstition” de Stevie Wonder  ou “It’s not unusual” de Tom Jones, entre outros.

Este mediodía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira xunto representantes das catro agrupación que actuarán conxuntamente no concerto conmemorativo deste aniversario estiveron no Teatro Municipal.

Con este evento a Eurocidade Tui-Valença celebrará trece anos de unión e de cooperación en moi diversos ámbitos.

A entrada para o concerto será libre até completar aforo.