A Eurocidade Tui – Valença acolle a celebración do “Forum Peregrino”
Unha iniciativa da Associação Confraria de São Tiago “Espaço Jacobeus” (Braga) e da Asociación Iacobus Confraría de Santiago (Tui)
Do 28 ao 30 de setembro de 2012 desenvolverase na Eurocidade Tui-Valença o encontro denominado “Forum Peregrino”, organizado conxuntamente pola Associação Confraria de São Tiago “Espaço Jacobeus” (Braga) e pola Asociación Iacobus Confraría de Santiago (Tui), coa colaboración do Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença.
Este Forum está concebido como un espazo de encontro e de diálogo entre peregrinos de diferentes lugares e unha oportunidade para reflexionar en voz alta sobre a peregrinación xacobea e o Camiño de Santiago.
No Fórum Peregrino vanse a debater catro temas, que foron escollidos polos propios participantes, ao inscribirse, de entre o cinco propostos pola organización. Cada participante tomará parte efectiva na discusión de dous temas. Estes serán debatidos o sábado día 29: dous no período da mañá e outros dous no período da tarde. O domingo, día 30, serán presentadas as conclusións de cada tema. Tamén será presentada a Carta do Fórum Peregrino, documento no que se reunirán as preocupacións, dúbidas e ilusións dos participantes no Forum.
Este Forum Peregrino pretende ser un espazo de encontro e de diálogo entre peregrinos de diferentes lugares e unha oportunidade para reflexionar en voz alta sobre a peregrinación xacobea e o Camiño de Santiago. Máis aló de crear un espazo aberto de encontro e diálogo, onde todos poidan expresarse, os obxectivos do Fórum Peregrino son:
- Dar voz aos protagonistas do Camiño de Santiago
- Buscar respostas aos problemas concretos dos peregrinos de hoxe
- Manifestar publicamente as reflexións dos peregrinos
O Fórum Peregrino realizase na Eurocidade Tui - Valença, representando así o carácter internacional e a eliminación das fronteiras físicas e culturais, que simboliza o Camiño de Santiago. Realizase os días 28, 29 e 30 de Setembro, no ámbito do 25º aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo (23 de Outubro de 1987) e da véspera das conmemoracións do descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago (que se celebra en 2013).
O Fórum Peregrino pretende reunir peregrinos de todo ou mundo. Preténdese que o Fórum Peregrino sexa un espazo aberto á participación de todos os peregrinos interesados, sexa cal fose a súa localización xeográfica. Espérase recibir presencialmente entre 100 e 200 peregrinos entre participantes, voluntarios e organización. Estes peregrinos serán maioritariamente oriúndos de España e de Portugal, aínda que tamén doutros países europeos e tamén de América e doutros continentes. A posibilidade da videoconferencia, aumentará o número e o ámbito dos participantes.
PROGRAMA
28 de Setembro – Valença
16h00/19h30 – Recepción e entrega de documentación aos participantes.
Albergue de Peregrinos São Teotónio de Valença
20h00 – Cerimonia oficial de apertura e presentación del Fórum Peregrino
Alfándega Cultural de Valença
21h00 – Cena Peregrina
Escola EB 2/3 de Valença do Minho
22h30 – Espectáculo Cultural
Escola EB 2/3 de Valença do Minho
23h30 – Oración de Completas (Opcional)
Fortaleza de Valença do Minho
29 de Setembro, Mañá – Valença
09h30/ 12h00 – Discusión dos temas.
Escola EB 2/3 de Valença
13h00 – Visita guiada a la Fortaleza de Valença do Minho
29 de Setembro, Tarde – Tui
16h00/18h30 – Discusión dos temas.
Seminario de Tui
19h30 – Visita guiada a Tui
21h00 – Cena Peregrina
Seminario de Tui
22h30 – Espectáculo Cultural
Seminario de Tui
23h30 – Oración de Completas (Opcional)
Seminario de Tui
30 de Setembro - Tui
09h30 – Fórum Peregrino: Presentación das conclusións dos temas e aprobación da Carta do Fórum Peregrino.
Auditorio da Aula da Uned de Tui
12h00 – Cerimonia oficial de Clausura: Presentación das conclusións do Fórum
Peregrino.
Auditorio da Aula da Uned de Tui
13h00 – Celebración da Eucaristía
Catedral de Tui
14h00 – Espectáculo Cultural
Praza de San Fernando