A Eurocidade recibe as persoas participantes na peregrinación polo Camiño Portugués da Costa dende Caminha
Con esta actividade reivindícase a importancia desta vía xacobea
As persoas que están a realizar o Camiño Portugués dende Caminha a Santiago organizado pola Eurocidade Tui-Valença completaron hoxe a segunda etapa deste percorrido pola vía xacobea.
Tras realizar onte os 19 quilómetros da etapa correspondente a Caminha – Vila Nova de Cerveira, esta mañá iniciaron o Camiño neste último municipio para achegarse ata Valença e Tui. A primeira hora desta tarde foron recibidos na praza de San Fernando polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Turismo, Ana Núñez, e o vareador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa..
Esta actividade forma parte do Calendario Deportivo da Eurocidade Tui- Valença e realízase no marco das Xornadas Europeas do Camiño de Santiago.
Esta actividade reivindica a importancia do trazado histórico do Camiño Portugués da Costa que dende Caminha chega a Tui, tras percorrer Vila Nova de Cerveira e Valença.
Mañá realizarán a terceira etapa entre Tui e o Porriño. Continuarán logo o 24 de maio entre Redondela e Pontevedra, o 25 de maio de Pontevedra a Caldas de Reis. En xuño realizarán as dúas etapas finais entre Caldas de Reis e Padrón o 7 de xuño, e entre Padrón e Santiago o 8 de xuño.