Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade organiza visitas guiadas nocturnas nos meses de xullo e agosto

5/07/2012

A EUROCIDADE TUI – VALENÇA ORGANIZA UN PROGRAMA DE VISITAS GUIADAS NOCTURNAS PARA OS MESES DE XULLO E AGOSTO

Comeza neste sábado en Tui cunha visita a San Bartolomeu e logo a Ponte da Veiga

 

A Eurocidade Tui-Valença promove nos meses de xullo e agosto unha serie de visitas guiadas nocturnas a diversos elementos patrimonias de ambas localidades co obxectivo de ofrecer un achegamento dos propios veciños e dos numerosos visitantes que nestas datas visitan ambas cidades a diversos lugares embelmáticos dos conxuntos históricos de Tui e Valença.

 

A principal singularidades destas visitas é que se realizarán  pola noite, cunha finalidade práctica de evitar as altas temperaturas estivais, pero tamén coa finalidade de promover un xeito diferente de coñecer as nosa cidades.

 

O programa destas visitas comezará este sábado 7 de xullo na cidade de Tui cunha visita á Igrexa románica de San Bartolomeu de Rebordáns para continuar logo ata a Ponte da Veiga, unha construcción medieval enclava xunto ao camiño de Santiago, nas ribeiras do río Louro.

 

O programa completo é o seguinte, sempre o horario está referido á hora local:

 

- 7 de xullo: Tui – 22,00 horas

Igrxa de San Bartolomeu de Rebordáns e a Ponte da Veiga (inicio adro de San Bartolomeu)

 

- 14 de xullo: Valença – 21,30 horas , Inicio Igreja de Ganfei

Trilho noctuno entre Mosteiros

 

-. 21 xullo: Tui – 22,00 horas

Visita Nocturna á Catedral de Tui

 

- 28 de xullo: Valença – 20,00 h.

   Visita ao Mosteiro de Sanfins

   29 de xullo: - 08.00 h. Andaina con inicio na Catedral de Tui  ata San Fins con pasaxe en barca en Caldelas de Tui (inicio 08.00 horas)

 

- 17 agosto: Tui – 22,00 h.

Paseo pola ribeira do Miño: da Alameda á Ponte Internacional (Inicio pérgola da Alemada de San Domingos)

 

- 24 de agosto: Valença - 21,30 h.

Visita nocturna aos camiños de ronda da muralla moderna de Valença

Momentos musicais, Demostração de defesa militar, Inicio Porta da Coroada

 

- 31 de agosto: Tui – 22,00 horas

Noite xudía en Tui

 

 

Esta actividade está organizada polas concelleiras de cultura e turismo dos Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença e conta coa colaboración de diversas entidades e institucións de ambas cidades