Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade convidada aos 2º Open Days Galicia - Norte de Portugal

9/07/2012

A EUROCIDADE CONVIDADA AO 2º OPEN DAY GALICIA – NORTE DE PORTUGAL

 

A recentemente constituída Eurocidade Tui – Valença participará mañá na segunda edición do Open Days da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal que organiza a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal (GNP AECT) en Santiago de Compostela e en Guimarães, os días 10 e 11 de xullo respectivamente.

 

En concreto o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o Presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, participaran nunha mesa redonda arredor da “Contribución do sector do turismo para o crecemento sostible”, onde farán un repaso da cooperación que en materia de turismo están a desenvolver na Eurocidade

 

Nesta mesa redonda participaran tamén Carmen Pardo López, Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Melchior Moreira, Presidente de Turismo Porto e Norte de Portugal, Beatriz Gonzalez Loroño, Directora da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Joao Serra, Presidente da Fundaçao Cidade de Guimaraes – Guimaraes 2012 Capital Europea da Cultura, e Odette Patricio, Directora Xeral da Fundaçao Serralves.

 

Esta 2ª Edición dos Open Days da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ten como tema central do evento “A Cooperación Transfronteiriza como oportunidade de desenvolvemento en tempos de crise”.

 

Está prevista a asistencia de en torno a dous centenares de persoas, principalmente empresarios e asociacións de empresarios, investigadores, xestores de proxectos de cooperación transfronteiriza, funcionarios e responsables políticos locais e autonómicos.

 

Open days


En xullo de 2011, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal organizou os primeiros OPEN DAYS da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, en colaboración coa Comisión Europea e o Comité das Rexións da UE.
O evento tivo lugar entre Vigo, Braga e Porto e estivo dedicado á Política de Cohesión despois de 2013, á Economía do Coñecemento e a Formación, o Emprego, a Sociedade Inclusiva, o Turismo e à Mobilidade da na Eurorrexión. 
Desde 2003, o Comité das Rexións celebra cada ano a principios de outubro, e en colaboración coa DX de Política Rexional (DG REGIO) da Comisión Europea, unha semana adicada ás rexións e cidades de Europa. Os actos principais teñen lugar en Bruxelas, se ben dáse cada vez máis importancia aos chamados “eventos locais”, actos organizados durante todo o mes de outubro en cada unha das rexións participantes.