Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este xoves proxéctase Los Croods na Praza de San Fernando

13/08/2014

Martes, 12 de agosto de 2014.  Este xoves, 14 de agosto, ás 22.30h proxectarase na Praza de San Fernando a película de animación "Los Croods", no marco da programación do verán cultural do Concello de Tui.

Este filme conta as aventuras da primeira familia da historia que se ve obrigada a deixar a súa cova tras ser destruída por un gran terremoto. Inician un camiño cara un mundo descoñecido que será ao tempo sorprendente e fascinante. Atópanse cun mozo nómade que os axudará na viaxe.

En caso de choiva a proxección terá lugar no Teatro Municipal.