Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este xoves preséntase a edición de oito fotografías antigas da cidade

26/01/2016
Este xoves, 28 de xaneiro, ás 11h na Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza de San Fernando, serán presentadas un conxunto de oito fotografías antigas de Tui que veñen de ser editadas polo Concello de Tui. Ao tempo aproveitarase tamén para dar a coñecer a Ruta Xudía da cidade, da que foi publicada tamén un díptico por parte do Concello de Tui.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.