Este xoves a corporación municipal celebra pleno ordinario
Este xoves, 26 de marzo, ás 20 h a corporación municipal celebra pleno de carácter ordinario, a sesión 02/2026, coa seguinte orde do día:
1.Aprobación da acta da sesión anterior: ordinaria celebrada o 29 de xaneiro de 2026.
2.Expediente 1463/2026. DITAME de aprobación do Orzamento Xeral 2026.
3.Expediente 1509/2026. DITAME para actualización ao IPC das retribucións por dedicacións das persoas concelleiras.
4.Expediente 1581/2026. DITAME para adecuación ao IPC das contías percibidas polas persoas concelleiras por asistencias a órganos colexiados.
5.Expediente 2726/2022. DITAME para modificación do Convenio coa ELM de Pazos de Reis.
6.Expediente 4041/2024. DITAME reaxuste de anualidades no Convenio coa CHMS para ponte sobre o arroio Cotarel.
7.Expediente 3493/2025. DITAME aprobación da declaración de nulidade das bases específicas de selección dun profesor de guitarra eléctrica 21 horas a semana e solicitude de ditame do Consello Consultivo de Galicia.
8.Expediente 4696/2024. DITAME para solicitar a UNICEF a obtención polo Concello de Tui da condición de "Recoñecido" como Cidade Amiga da Infancia.
9.Expediente 655/2026. Proposta de adhesión do Concello de Tui ao Convenio Marco de Colaboración entre a Conselleria de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e os Sistemas de Responsabilidade Ampliada de residuos de envases domésticos, de envases lixeiros e de papel cartón dun só uso.
10.Expediente 1698/2026. Moción presentada polo Grupo Municipal do BNG para Plan de Acondicionamento do Alto dos Cubos/Cabeza de Francos.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
11.Dación de conta das resolucións ditadas por alcaldía e concelleiras/os delegados/as desde a núm. nº 2026-0084 do 26 de xaneiro ata a nº 2026-0425 de 23 de marzo do 2026.
12.Dación de conta dos PREMIOS CIDADE TUI 2026.
C) ROGOS E PREGUNTAS
Non hai asuntos
Convocatoria sesión plenaria 02/2026 de pleno ordinario correspondente ao mes de marzo





