Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres preséntase a Programación Cultural do primeiro semestre de 2016

27/01/2016

Este venres, 29 de febreiro, ás 11h, na Área Panorámica terá lugar a presentación da Programación Cultural do primeiro semestre de 2016 organizada polo Concello de Tui, a través da concellería de Cultura. Estas actividades recóllense nun novo número da Axenda Cultural Corredoira.


A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, María José González, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, o vareador de Cultura Valença, José Monte, e o músico tudense, Samuel Diz. No remate da presentación Samuel Diz interpretará dúas pezas do seu novo traballo discográfico.