Este venres o Club Randufe Futsal presentará a nova tempada cun partido contra A Quinta Amadeus Tui
22/09/2015
Martes, 22 de setembro de 2015. Este venres 25 de setembro, ás 20.30h, terá lugar a presentación da nova tempada do equipo xuvenil do Club Randufe Futsal, que xogará este ano na División de Honra Xuvenil de España en fútbol sala.
Media hora despois, ás 21h, o Club Randufe Futsal xogará contra A Quinta Amadeus Tui no Pavillón do Colexio de Randufe.