Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres no Teatro Municipal Elefante Elegante presenta "In" espectáculo que mestura música e danza

5/05/2011

Elefante Elegante presenta este venres “In”

O espectáculo mestura danza e teatro

A representación será ás 21.30h, no Teatro Municipal

 

 

Mércores, 4 de maio de 2011.  “In” é o título do espectáculo que este venres, a partir das 21.30h, a compañía Elefante Elegante presenta no Teatro Municipal de Tui.  

 

“In” é un espectáculo sensitivo e universal que indaga na representación contemporánea da figura humana. No mesmo danza e teatro van da man, para indagar en nós mesmos, no que se enfronta o que somos e o que parecemos. O punto de partida é unha voda na que se suceden sentimentos de hipocrisía, envexa, ciumes, luxuria,... tendo coma pano de fondo un pseudo ideal de beleza. “In” faranos pensar e disfrutar, faranos sentir e ollar doutro xeito a mestura que propón de danza e teatro todo nun, no que a linguaxe plástica fala con voz propia.

 

“In” está escrito e dirixido por María Torres. O elenco está formado por Fredi Muíño, Ángela Blanco, Maria Torres, Gonçalo Guerreiro e Nuria Sotelo.

 

Elefante Elegante con sede na Coruña ten orixe galego-portugués. Foi creada por María Torres e Gonçalo Guerreiro para dar forma artística ás súas inquedanzas sociais e existencias. O seu primeiro proxecto experimental, en 2000, foi “Teatro escondido” co que viaxaron durante sete anos entre Galicia, Bélxica e Portugal. Dende a súa creación teñen producido cinco espectáculos.

 

As entradas para esta representación están xa á venda ata o venres ás 13h na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 5€, e 3€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como nenos, xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.

 

Elefante Elegante con “In”

Data:  Venres, 6 de maio, ás 21.30h

Prezo das entradas: 5€ - 3€

Venda de localidades: En www.culturatui.info ata o venres ás 13h e no despacho de billetes o venres dende ás 20h.

Máis información en: www.culturatui.info ou en www.elefanteelegante.net