Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres no Teatro Municipal actúa Carlos Blanco con "Só"

14/10/2009

O polifacético Carlos Blanco presenta "Só"

Será este venres ás 21.30h no Teatro Municipal

 

Mércores, 14 de outubro de 2009.  O polifacético actor, monologuista, director teatral... Carlos Blanco achega este venres ao Teatro Municipal de Tui o seu último espectáculo "Só".

 

Neste novo espectáculo Carlos Blanco reflexiona sobre o camiño, o de sempre, e os imaxinarios. Só é a nova aventura humorística de Carlos Blanco: un novo camiño para o humor galego. Só, para non perder a fe, na diversión.

 

A cita será este venres ás 21.30h no Teatro Municipal. As entradas están á venda na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes. As localidades teñen un prezo de 5€, e 3€ con desconto e para os menores de 12 anos.

 

Ao longo dunha hora e quince minutos público poderá gozar dun espectáculo único cheo de humor e gargalladas, no que Carlos Blanco demostrará unha vez máis o seu talento.

 

Carlos Blanco ten ás súas costas máis de vintecinco anos de experiencia profesional en teatro, cine, televisión  e radio. Nos últimos CINCO anos ven desenvolvendo unha actividade continuada como Narrador Oral tanto en Galicia como no resto de España, así como en Polonia, Holanda, Alemaña ou Portugal. No seu haber figuran varios premios entre os que destaca o Maria Casares á mellor adaptación teatral polo espectáculo "Nano" de Teatro de Adro.

 

 

Carlos Blanco con "Só"

Lugar: Teatro Municipal

Data e hora: Venres, 16 de outubro ás 20h

Entradas: 5€ adultos -3€ con descontos e menores de 12 anos

Venda de entradas dende ás 20h