Este venres impártese en Tui a acción formativa “Emprega IA” dirixida a mulleres
O obxectivo é contribuír á mellorar a súa empregabilidade co uso da Intelixencia Artificial
Este venres, 27 de setembro, celebrarase na Aula Cemit no edifico Francisco Sánchez a formación “Emprega IA. Marca persoal e Intelixencia Artificial para o crecemento profesional das mulleres”.
Esta xornada formativa desenvolverase en horario de 9.30 a 13.30 h impartida por profesionais de Kidcode.
Este programa está deseñado para axudar ás persoas a mellorar a súa estratexia de empregabilidade a través da Marca Persoal Dixital e as ferramentas de Intelixencia Artificial. Así mesmo axudalles a gañar confianza nas súas capacidades, definir unha estratexia de crecemento profesional e apoiarse na IA para posicionar unha marca persoal sólida en Internet.
Ao longo de catro horas abordarase que é a marca persoal e coma afecta na busca de emprego, que é a IA e como está transformando o mundo profesional, as ferramentas de IA para xerar texto e imaxe, coma desenvolver unha estratexia de marca persoal e automatizar contidos con IA.
Outros contidos serán como optimizar o currículo, o perfil en Linkedin, definir itinerarios profesionais con IA e coma utilizar a plataforma Emprega IA.
Esta acción formativa ten carácter gratuíto. As prazas son limitadas e é preciso inscribirse en orientacion@tui.gal.
A concelleira de Formación e Emprego e Igualdade, Ana Núñez, destaca que esta actividades dende o Concello de Tui continúan a apostar pola formación para mellorar a empregabilidade neste caso concreto das mulleres, nas novas tecnoloxías e co emprego da IA para mellorar as posibilidade de acceso ao mercado laboral.
Esta xornada formativa está financiada polo Plan Corresponsables xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e co financiamento do Ministerio de Igualdade.