Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres Festival de Bandas de Música na Praza de San Fernando

18/08/2011

Este venres Festival de Bandas de Música na Praza de San Fernando

Actuarán a partir das 22.30h a Popular de Tui e a Agrupación Musical de Goián

 

Mércores, 17 de agosto de 2011. A praza de San Fernando acolle este venres, 19 de agosto, ás 22.30h, o Festival de Bandas de Música organizado pola Concellería de Cultura de Tui. É unha das citas clásicas do verán que chega a súa vixésimo primeira edición.  Esta ano correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui e da Agrupación Musical de Goián.

 

A Banda de Música Popular de Tui conta na actualidade con sesenta compoñentes cuxa media de idade está entorno aos 20 anos. Esta agrupación afunde as súas raíces en 1881 cando se creou a primeira Banda de Música Popular de Tui. Tivo logo etapas nas que desapareceu ata que 1980 creouse a actual agrupación que ten na Escola de Música e no Conservatorio Municipal unha importante canteira.  A banda tudense ten actuado por toda Galicia, Portugal, Valencia, Asturias, e Bos Aires. Está dirixida por Adolfo Besada.

 

A Agrupación Musical de Goián  está formada na actualidade por 50 músicos con idades dos 8 ao 26 anos de idade. Presentouse oficialmente o público en xuño de 1998 realizando dende entón unha importante actividade con concertos en toda Galicia, Madrid, Valencia e Portugal. No seu curriculum destacan os premios obtidos no Certame Provincial de Bandas de Música cun segundo premio na terceira edición, un primeiro premio na cuarta, e mención de honra na sexta. Contan cun traballo discográfico. Está dirixida por David Pérez Trigo.

 

En caso de choiva celebrarase no Teatro Municipal. Poderanse retirar un máximo de dúas entradas por persoa a partir das dez da noite.

 

Festival de Bandas de Música

Data: Venres, 19 de agosto ás 22.30h

Lugar: na Praza de San Fernando

*En caso de choiva celebrarase no Teatro Municipal