Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres comeza un ciclo de conferencias organizadas pola Aula da Uned, coa charla "Estrategias de comunicación en la familia"

19/01/2011

 

O AULA DA UNED DE TUI ORGANIZA UN CICLO DE CONFERENCIAS

Comeza este venres cunha charla sobre "Estratexias de comunicación na familia" a cargo de Julia Crespo Comesaña, da Universidade de Santiago

 

Martes, 18 de xaneiro de 2011. A Aula de UNED de Tui amais de impartir as materias do curso de acceso á universidade para maiores de 25 e 45 anos seguindo a programación específica que nesta materia posúe a Universidade Nacional de Educación a Distancia, ten tamén unha vocación de servizo público e de ofertar aos diversos segmentos da sociedade tudense e do Baixo Miño unha oferta formativa en diversos ámbitos de interese.

 

Neste sentido a coordinadora da Aula tudense, Margarita Pino Juste, informa que teñen organizado un ciclo de conferencias sobre temas de interese xeral, con especial referencia ao ámbito educativo, impartidas en todos os casos por profesionais de alta competencia.

 

Comezará este ciclo cunha conferencia a cargo da profesora Julia Crespo Comesaña, da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela que abordará un tema de grande e permanente actualidade: "Estratexias de comunicación na familia". O obxectivo desta charla é ofrecer aos participantes ferramentas para mellorar a comunicación entre pais e fillos, para establecer liñas de actuación que contribúan ao diálogo familiar, pois é un fenómeno de actualidade os importantes problemas que afectan nas relacións familiares pola incapacidade de establecer un clima de comunicación entre os seus membros.

 

Esta conferencia á de acceso libre e terá lugar este venres, 21 de xaneiro, ás 19,00 horas no Salón de Actos da Aula da UNED en Tui, ubicada no antigo convento de San Domingos, na rúa Antero Rubín.

 

Cada mes haberá unha conferencia neste ciclo de extensión universitaria que oferta a Aula da UNED tudense

 

Día

Ponente

Conferencia

21 enero

Julia Crespo Comesaña

Estrategias de comunicación en la familia

25 febrero

Teresa Domínguez Pérez

Desarrollo de competencias en la familia

26 marzo

Jesús Martínez Carracedo

Aprender a vivir para el bien morir

6 mayo

Agueda Gutierrez

La importancia de los hábitos en la práctica de la actividad físico-deportiva para todos

27 mayo

Jorge Soto

¿Qué educación para que sociedad? Las TIC en la sociedad del conocimiento