Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres chega ao Teatro Municipal de Tui a comedia “Presidente” da man de Teatro do Morcego

2/03/2016


A función comezará ás 21h interpretada por Celso Parada, Mercedes Castro, Federico Pérez, Iolanda Muíños e César Goldi 


Teatro do Morcego presenta este venres, 4 de marzo, ás 21h no Teatro Municipal de Tui a comedia "Presidente". 


Escrita e dirixida por José Prieto ten unha duración de 110 minutos. O elenco está formado por Celso Parada, Mercedes Castro, Federico Pérez, Iolanda Muíños e César Goldi. Esta comedia achegános ata o presidente do Goberno que busca darlle á volta ás enquisas e por iso vai casa por casa dos votantes para tentar convencelos de que a súa é a mellor opción. Esta obra foi estreada o ano pasado.


Teatro do Morcego fundouse en 1989 polo actor e director Celso Parada e Isabel Ávila. Dende entón mantén unha actividade ininterrompida, recibindo varios premios por distintas montaxes


As entradas está á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 7€ e 5€.


Teatro do Morcego con “Presidente”


Lugar: Teatro Municipal de Tui


Data: Venres, 4 de marzo, ás 21h


Entradas:  á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 19.30h no despacho de billetes


Prezo: 7€ e 5€.