Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres 16 de febreiro o Mago Richard abra a programación de maxia no Teatro Municipal

14/02/2007

O Mago Richard abre a programación de maxia en Tui
O emprego da globoflexia aporta un elemento innovador

O Mago Richard de Santiago de Compostela será o responsable este venres de abrir a programación de maxia no Teatro Municipal de Tui dentro da oferta cultural para o primeiro semestre do ano organizada pola Concellería de Cultura. Este é o primeiro dos tres espectáculos dedicados ao mundo do ilusionismo que se desenvolverán até o mes de maio.

A función dará comezo ás 20.30h, dirixida a todos os públicos que durante unha hora poderán gozar dunha viaxe polo mundo do ilusionismo. As entradas poranse á venda ás 16.30h ao prezo de 2,5€, 2€ con desconto para os posuidores do carné xove, carné máis, familia numerosa, discapacitado, xubilado, pensionista ou desempregado, e 1,5€ para os menores de 12 anos.

Baixo o título de “Isto é Maxia” o Mago Richard presenta unha sesión de maxia e fantasía na que realiza unha serie de efectos máxicos nos que van aparecendo personaxes, uns reais e outros ficticios; algúns baseados en magos que fixeron historia no ilusionismo; e outros son inventados en clave de humor coa participación activa do publico presente. Lume, cordas, barallas, panos, froitas e incluso a mente son os elementos empregados no espectáculo ao que se suma coma novidade o emprego da globoflexia, que aporta gran vistosidade á función.

A este primeiro espectáculo de maxia sucederán outros dous na programación deste trimestre. O 10 de abril estarán o Teatro Municipal Mimo-Mago Anxo, e o día 11 de maio o Mago Teto.

Mago Richard con “Isto é maxia”
Lugar:Teatro Municipal da Área Panorámica
Data e hora: Venres 16 ás 20.30h
Prezo: 2,5€, 2€ con desconto, 1,5€ menores de 12 anos
Venda de Localidades: Dende ás 16.30h na billeteira da Área Panorámica