Este sábado proxéctase “Mortadelo y Filemón contra Jimmy El Cachondo” no marco da programación cultural do verán en Tui
A cita será ás 22.30h na Praza de San Fernando, e no caso de choiva, trasladarase ó Teatro Municipal
Xoves, 27 de agosto de 2015. Este sábado, 29 de agosto, ás 22.30h proxectarase o filme de animación "Mortadelo y Filemón contra Jimmy El Cachondo" no marco da programación cultural do verán en Tui organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui. No caso de chuvia, a cita será no Teatro Municipal con aforamento limitado. A partir das 22h débense retirar as entradas de xeito gratuíto cun máximo de dúas por persoa.
Acaba de producirse o maior ataque criminal contra a estabilidade mundial. É un ataque de risa. Mentres o caos da risa se apodera do mundo, a única organización capaz de pórlle un pouco de seriedade a todo isto é a T.I.A. Pero Mortadelo e Filemón cortaranlle o rollo a Jimmy o Cachondo.
Esta é a última das películas que se proxecta ao abeiro da programación estival en Tui.
Proxección do filme de animación "Mortadelo y Filemón contra Jimmy El Cachondo"
Data: Sábado, 29 de agosto, ás 22.30h
Lugar: Na praza de San Fernando e no caso de choiva no Teatro Municipal de Tui. Débense retirar as entradas dende ás 22h de xeito gratuíto cun máximo de dúas por persoa.