Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado día 11 de xullo, a Eurocidade celebrará o Trilho Nocturno Cova do Lobo en Valença

8/07/2015

 

Mércores, 8 de xullo de 2015. Este sábado día 11 de xullo, a Eurocidade Tui-Valença organizará, dentro do IV Circuito de Andainas/Trilhos Saudables, o "Trilho Nocturno Cova do Lobo", que sairá ás 21.30 horas españolas, dende a Capela Srª do Socorro de Taião, percorrendo a freguesía de Taião.

Como en edicións anteriores, o punto de encontro alternativo para aqueles que descoñezan o punto anterior, será no aparcadoiro do Lidl de Valença, ás 21.10 horas españolas.

Esta andaina terá unha distancia a percorrer de 13 quilómetros, sendo o grado de dificultade moderado, cunha duración do percorrido de ao redor de 5 horas.

Toda a información referente ó Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, "Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables".