Este sábado celébrase a III Ruta Histórica de Tui dentro das Andainas da Eurocidade
Sairá ás 22h dende o palco do música no Paseo da Corredoira
Este sábado 5 de agosto, a partir das 22.00 horas españolas, dende o palco da música de Tui, no paseo da Corredoira, terá lugar a saída dunha nova andaina do Circuito de Trilhos e Andainas Saudables da Eurocidade. Nesta ocasión co nome de III Ruta Histórica de Tui percorrerá as rúas de Tui, visitando a capela de San Telmo, a da Misericordia, a Catedral de Santa María, e as igrexas de San Francisco, San Bartolomé e San Domingos.
O Club AndaTui Rego da Pedra controlará esta andaina, sendo a dificultade baixa. Rematará na alameda de San Domingos, onde haberá unha chocolatada con rosca para os máis pequenos e unha gran queimada para os maiores.
Como nas edicións anteriores, os participantes deberán realizar a inscrición, a través do enderezo electrónica do club, www.andatui.es, cun prezo establecido de 5€, e 3€ para os menores de 12 anos.
Toda a información poden atopala no facebook do calendario de andainas, Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables.