Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado 14 de abril celébrase a 3ª Andaina Saudable Eurocidade 2012

12/04/2012

Será polo  Trilho do Real en Valença do Minho

 

Este sábado 14 de abril ás 10.00 horas españolas, realizarase a terceira Andaina Saudable Eurocidade 2012, organizada pola Eurocidade Tui – Valença.

 

Neste caso a andaina “Trilho do Real” percorrerá la freguesía da Gandra, en Valença do Minho, sendo o punto de encontro a Igrexa Matriz de Gandra, ás 10.00 horas (españolas). Para aqueles que non coñezan esta igrexa, quedarase ás 10.00 horas no parking do Lidl de Valença.

 

O percorrido, de dificultade media-baixa, terá unha distancia de 6 km, sendo o tempo aproximado de duración de dúas horas e media.

 

Esta será a terceira andaina do programa de Andainas Saudables Eurocidade 2012. Nas dúas anteriores andainas participaron máis de 100 persoas.

 

Punto de encontro

Igrexa matriz de Granda – 10.00 horas españolas

Coordenadas: 42° 0'18.23"N/8°36'56.64"W (Ver en Google Maps)

 

Parking do Lidl de Valença – 10.00 horas españolas