Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado, 12 de decembro, celébrase o Trilhó Mosteiró en Valença É o último percorrido do ano do circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade

9/12/2015

Este sábado, 12 de decembro, a Eurocidade Tui-Valença organizará o último percorrido do IV Circuito de Andainas/Trilhos Saudables, o “TRILHO MOSTEIRÓ”. Sairá ás 10.00 horas españolas, dende a igrexa matriz de Cerdal, percorrendo a freguesía de Cerdal.

Como nos trilhos anteriores, o punto de encontro alternativo para aqueles que descoñezan o ponto anterior, será no aparcamento do Lidl de Valença, ás 09.45 horas españolas.

Esta andaina terá unha distancia a percorrer de 11,8 quilómetros, sendo o grado de dificultade fácil, cunha duración do percorrido de ao redor de 4 horas e media.

Toda a información referente ao Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.

Esta andaina pecha o IV Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade, que voltará no próximo ano 2016 con novos percorridos pola Eurocidade Tui-Valença.

IV Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade - Trilho de Mosteiró

Sábado 12

Saída ás 10 hora española dende a igrexa mariz de Cerdal ou ás 9.45 dende o aparcamento do Lidl en Valença

Percorrido de 11.8 quilómetro de dificultade doada

Tempo estimado 4 horas  e media