Este sábado 10 de outubro, a Eurocidade Tui- Valença organiza a Andaina Além da Ponte en Valença do Minho
Xoves, 8 de outubro de 2015. Este sábado 10 de outubro, a Eurocidade Tui-Valença organizará, dentro do IV Circuíto de Andainas/Trilhos Saudables, o "Trilho Além da Ponte", que sairá ás 10.00 horas españolas, dende a Igrexa Matriz de São Pedro da Torre, percorrendo a freguesía de São Pedro da Torre. Como nos trilhos anteriores, o punto de encontro alternativo para aqueles que descoñezan o punto anterior, será no aparcadoiro do Lidl de Valença, ás 09.45 horas españolas. Esta andaina terá unha distancia a percorrer de 12 quilómetros, sendo o grao de dificultade fácil, cunha duración do percorrido de ó redor de 5 horas. Toda a información referente ao Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, "Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables".