Este mércores ás 22.30h proxéctase “Las aventuras de Tintín” na Praza de San Fernando
Luns, 22 de xullo de 2013. Este mércores, 24 de xullo, ás 22.30h proxectarase na Praza de San Fernando a película de cinema de animación “Las aventuras de Tintín: el secreto del Unicornio”. En caso de choiva a proxección será no Teatro Municipal.
Neste film Tintín e o seu can Milú descobren que un antigo navío, o Unicornio, conten un enigmático e secular tesouro. No seu percorrido por medio mundo, axudados polo capitán Haddock e os detectives Hernández e Fernández, son perseguidos por Iván Ivanovich Sakharine. Este diabólico personaxe cre que Tintín roubou un valioso tesouro do pirata Rackham el Rojo.
Esta é a primeira das tres películas que se van proxectar este verán en Tui. O 2 de agosto poderase ver “Vicky el vikingo” e o 23 de agosto “Los pitufos”.