Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo volverá realizarse o roteiro teatralizado “Camiñando con elas”

28/03/2022

Este domingo, 3 de abril, volverá realizarse o roteiro teatralizado “Camiñando con elas”. Ante a boa acollida e interese rexistrado na primeira ruta realizada o pasado domingo, 20 de marzo, organizouse unha nova visita, que sairá ás 12h da praza da Inmaculada.

Da man de María Chamadoira realizarase un percorrido dunha hora polo conxunto histórico, no que se poderá coñecer a historia e a vida de dez mulleres tudenses: Rosa Bahamonde, María Tydeska, Raíñas Dona Urraca, Clara Torres, Josefa Correa, Conchiña Concheiro, Mª Suárez Sarmiento, Evagelina Jaso, Cándida Rodríguez e Antonia Saravia. O roteiro, que foi ilustrado pola artista Gemma Marqués forma parte do proxecto “A Tui das Mulleres”. As prazas son limitadas e para asistir é preciso inscrición previa na Oficina de Turismo.

O programa “Dereito a estar, dereito a achegar” organizada polo Concello de Tui continua o xoves coa derradeira charla do ciclo “Xuntas Aprendemos” coa intervención da psicóloga clínica Minerva Ojeda sobre “Mitos do amor romántico”. A cita será ás 18 h na Aula da UNED.

Por outra parte foi suspendida a proxección de "El proxeneta" con Mabel Lozano, prevista para o mércores no Teatro Municipal, por causas alleas á organización, informarase da nova data na que se poderá ver o filme.