Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo celébrase a IV Camiñada Solidaria Tui-Valenca organizada polo Club AndaTui Rego da Pedra

23/12/2015

Este domingo, 27 de decembro, celebrarase a IV Camiñada Solidaria Tui-Valença-Tui, organizada un ano máis polo Club AndaTui Rego da Pedra, en colaboración co Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença. Sairá ás 10.30 horas españolas dende o palco do Paseo da Corredoira para facer un percorrido aproximado de 7 quilómetros, de dificultade baixa.

Novamente a andaina terá carácter solidario, dado que todos os participantes terán que achegar alimentos que serán doados a asociación SOS Tomiño Baixo Miño.

Esta información pódese ampliar na web do club organizado en  www.andatui.es.