Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo celébrase a Andaina do Viveiro Forestal dentro do Calendario de Andainas da Eurocidade

18/10/2016

Este domingo 23 de outubro celebrarase unha nova andaina do Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade, que nesta edición “Andaina do Viveiro Forestal” partirá do Centro Interfederado, ás 10.00 horas españolas, e percorrerá 10,5 quilómetros, sendo a dificultade baixa e a duración aproximada de tres horas.

Como nas andainas anteriores, é necesaria a inscrición previa, a través do enderezo electrónica caminhadas.andainas@gmail.com / celtasdominho@gmail.com /
clubandatui@gmail.com, cun custe da andaia é de 5€ por persoa e de 3€ para menores de 12 anos, sendo o día límite de inscrición este venres 21 de octubro.

Esta será a última andaina a celebrar polo concello de Tui, rematando o Calendario de Andainas Saudables da Eurocidade co “Trilho das Dúas Bandas”, que se celebrará o 13 de novembro, polo Municipio de Valença.