Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo celebrarase un novo percorrido do programa de Andainas saudables da Eurocidade – Andaina A Cova da Trapa

23/09/2014

 

Luns, 22 de setembro de 2014. O próximo domingo, 28 de setembro, dentro do programa de andainas saudables da Eurocidade Tui-Valença, realizarase un novo percorrido polo Concello de Tui, nesta ocasión a andaina "A Cova da Trapa" sairá dende o aparcadoiro do antigo camping do Monte Aloia, ás 10.00 horas españolas (09.00 horas portuguesas). O punto de encontro alternativo será a estación de servizo, ao carón do Parador de Tui, ás 09.45 horas españolas (08.45 PT).

 

A andaina terá unha distancia aproximada de oito quilómetros, sendo o grado de dificultade fácil e a duración aproximada de dúas horas e media.