Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo celebrarase o último percorrido do programa de andainas saudables da Eurocidade en Tui

25/11/2015

A andaina transcorrerá polo Alto das Penizas, no concello de Tui

Mércores, 25 de novembro de 2015. Este domingo 29 de novembro, dentro do programa de andainas saudables da Eurocidade Tui-Valença, realizarase o último percorrido do programa de andainas saudables da Eurocidade Tui-Valença en terras tudenses. Nesta ocasión, a andaina transcorrerá no "Alto das Penizas", sendo a saída dende o aparcadoiro do Centro Cultural de Paramos, ás 10.00 horas españolas (09.00 horas portuguesas). O punto de encontro alternativo será a gasolineira da Repsol, ó carón do Parador de Tui, ás 09.45 horas españolas (08.45 PT).

A andaina terá unha distancia a percorrer de ó redor de oito quilómetros, sendo o grao de dificultade fácil e a duración aproximada de dúas horas.

Con esta andaina finalizan os percorridos polo Concello de Tui do programa de andainas saudables da Eurocidade, que rematará cunha última andaina por Valença, o día 12 de decembro, "Mosteiró".