Este domingo Andaina polas Fragas e Levadas do Calvo e Deva dentro do Circuíto de Andainas da Eurocidade
Este domingo, 5 de xuño, realizarase unha nova edición das andainas da Eurocidade, que nesta ocasión percorrerá as fragas e levadas dos ríos Calvo e Deva, no concello da Cañiza. Terá unha distancia de 15 quilómetros, de dificultade media, e un tempo estimado de duración de 4 horas.
A organización disporá dun autobús para realizar o desprazamento, que sairá ás 8.30 horas, dende o Centro Interfederado de Tui, sendo o horario estimado de chegada a Tui sobre as 15.00 horas. É preciso a inscrición previa antes de mañá mércores, 1 de xuño, a través da web www.andatui.es, cun prezo de 5€ para adultos e 3€ para menores de 12 anos. Neste prezo inclúese, amais do desprazamento, o avituallamento na metade da andaina e o pincho ao remate da mesma
Toda a información relativa a estas andainas pódese consultar no Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”, ou a través das webs dos clubs organizadores, Celtas do Minho en Valença e AndaTui Rego da Pedra en Tui.