Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo 29, oitava andaina do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, Andaina de San Fins

25/06/2014

 

Martes, 24 de xuño. Este domingo, 29 de xuño, realizarase o oitavo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, "San Fins", organizado pola Eurocidade Tui-Valença e dirixido polos monitores da empresa tudense VerdeAzul.

 

O punto de encontro desta nova andaina será no colexio de Rebordáns, ás 10.00 horas españolas, cun percorrido aproximado de oito quilómetros de dificultade baixa, pola parroquia de Rebordáns. O punto de encontro alternativo será a estación de servizo da Repsol, ao carón do Parador de Tui, ás 09.45 horas españolas.