Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo 13 de setembro terá lugar unha nova Andaina por terras da Eurocidade

9/09/2015

Este sábado tamén se realizará o Trilho por Terras da Eurocidade dende Valença

Mércores, 9 de setembro de 2015. Este domingo 13 de setembro, a partir das 10.00 horas españolas, realizarase un novo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, "Andaina por Terras da Eurocidade", que sairá dende o aparcadoiro do Club Náutico San Telmo.

Esta andaina percorrerá a ribeira do río Louro e o Camiño de Santiago, sendo a distancia aproximada de 14 quilómetros, cun grado de dificultade fácil e unha duración ó redor de catro horas. Como é de costume, o punto de encontro alternativo será o aparcadoiro do Centro Interfederado, ás 09.45 horas españolas.

Por outra banda, este sábado 12 de setembro, realizarase o Trilho por Terras da Eurocidade, que percorrerá polo municipio de Valença, con saída dende a Alfándega ás 09h00 portuguesas.

Con estas andainas, retómase o Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, que fixo un parón no mes de agosto, e que continuará ata a segunda fin de semana do mes de decembro.